O pasado xoves 11 de abril tivo lugar no Espazo Cultural Río Lagares a presentación dos novos materiais elaborados dentro do proxecto Friendship orcas, financiado pola Fundación Santander.
Tivemos o pracer de contar neste día con Sara Bermúdez, Pepe Carreiro, Victor Tizón e Tokio.
Pepe Carreiro, creador e ilustrador de Los Bolechas, presentou nesta ocasión unha nova edición sobre orcas. A historia trata de que os Bolechas len un conto antes de durmir, relacionado coa bioloxía das orcas e as interaccións cos veleiros. <<Candorcas, familiares da nosa familia de mamíferos>>.
Alfredo López, coñecido no mundo da ilustración como Tokio, presentou o libro Salseiro, que trata sobre a bioloxía e as interaccións das orcas, ofrecendo un pequeno cómic explicativo así como algunha información relacionada co proxecto. <<Se puidese estar ao lado dun cetáceo, gustaríame estar ao lado da orca>>. O salseiro inclúe varias ilustracións de diferentes artistas, como Sara Bermúdez, Víctor Tizón, Manel Cráneo, Emma Ríos ou Cristina Otero.
Victor Tizón creou varias imaxes interpretando a superioridade humana sobre o resto dos seres vivos, ademais do sensacionalismo da prensa. << No escaparate do negocio do señor Homo sapiens hai, metido no sangue, un cartel que di: "Candorcas. Liquidación total.">>
Sara Bermúdez creou unha ilustración dunha orca voando polo ceo. <<Busquemos na terra o mesmo que desexamos atopar no universo e a ciencia revelaranos seres máis intelixentes do que nos atrevemos a sospeitar e unha maior comprensión deles.>>
"I love how simple yet addictive the Dino Game is—perfect for quick breaks.https://dinogame143243.shopinfo.jp/