interaccións
Antecedentes
avistamentos e interaccións
Cando o ser humano e as candorcas están presentes no mesmo lugar, ou nas proximidades, ese momento pódese definir como encontro, e pode ser un avistamento ou unha interacción.
Se as candorcas navegan no seu rumbo sen prestar atención ao seu arredor, ou mesmo achegandose un pouco ao barco, pero continuando o seu camiño, chamámoslle a isto avistamento.
Considérase que é unha interacción, cando os animais fixan a súa atención no barco, chegando a manter un contacto directo, é dicir, cando se achegan, observan e/ou tocan o barco.
Entón interacción é o momento no que a presenza do barco está a provocar unha reacción nas candorcas e estas responden a esta presenza, aínda que sexa de diferentes xeitos.
Encontros son a suma dos avistamentos e das interaccións.
Dado que durante as interaccións, que son de moi variado tipo, non se identifica actitude agresiva nas candorcas nin a súa intencionalidade é danar aos humanos nin afundir o barco, non podemos calificar esta acción como "ataque".
Un comportamento
perturbador
En 2020, observouse un novo comportamento, chamado disruptivo, cando algúns xuvenís comezaron a interactuar principalmente con veleiros. Porén tamén houbo algúns casos de interacción con barcos pesqueiros e pneumáticas. Informouse de que as candorcas tocaban, empuxaban e mesmo xiraban os barcos, que nalgúns casos resultaron con danos do leme.
En total, rexistráronse 52 interaccións entre xullo e novembro de 2020 entre as augas do Estrecho de Gibraltar e Galicia (NO Península), incluíndo a costa ao longo de Portugal continental. Rexistráronse dous novos casos a partir de xaneiro de 2021 na costa atlántica de Marrocos e o Estrecho de Gibraltar, destacando a persistencia deste novo comportamento no tempo, acadando 197 interaccións ao final dese ano. En 2022, rexistráronse 207 interaccións.
Isto confirma o necesidade urxente de actuacións específicas baseadas na coordinación internacional entre administracións, navegantes e científicos para evitar futuros danos a persoas, candorcas e barcos.
O informe 2021 pódese consultar na seguinte ligazón (ES), Anexos (ESP), tamén o informe en Inglés (UK).