top of page
FONDO2.jpg

Contacto

Sube a bordo con nós

Os barcos

Aquí podes ver os barcos que empregaremos en cada zona. Estarás acompañado/a por un/unha coordinador/a da CEMMA que dirixirá a actividade a bordo. O horario é só orientativo e confirmarase con cada embarque. Lembrade que as datas do barco están AQUI.

O embarque desde Cambados realizarase no barco CHASULA de Intramar, que ten capacidade para 11 participantes. O embarque realizarase entre as 9:00 e as 10:00 horas da mañá desde o porto de Tragove e durará oito horas desde o punto de saída preto de Sálvora ata a plataforma, se o tempo o permite, fronte á Ría de Arousa.

O embarque desde Fisterra farase na embarcación pneumática MUNIS , que ten espazo para 8 participantes. Reunión e charla introdutoria ás 10:00 h nas instalacións de Buceo Finisterre. O embarque realizarase entre as 10:00 e as 11:00 horas dende o porto de Fisterra e durará tres horas, con saída pola Ría de Corcubión e nas proximidades do Cabo de Fisterra.

O embarque desde Muros realizarase no barco CAMASI , que ten espazo para 11 participantes. O embarque terá lugar entre as 11:00 e as 12:00 horas. do porto de Muros e durará oito horas dende o punto de saída preto do Monte Louro ata a plataforma, se o tempo o permite, fronte á ría de Muros.

O embarque desde Vigo será no barco EVANGELINA , que ten prazas para 11 participantes. O embarque entre as 9:00 e as 10:00 horas da mañá desde o porto de Vigo e terá unha duración de 8 horas con saída cara ás inmediacións das Illas Cíes e plataforma, se as condicións ambientais o permiten, bordeando a Ría de Vigo.

Información sobre o CALENDARIO E PORTOS. 

Séguenos en redes sociais

  • Facebook
  • descarga-insta
logo-gmail.png
bottom of page