Bases territoriais de FriendSHIP orcas, de La Linea a Hondarribia: obradoiros participativos.
Un dos obxectivos do proxecto FriendSHIP orcas, rede cidadá para a protección e conservación dunha poboación única e ameazada: as candorcas ibéricas, é poder chegar a toda a costa atlántica e cantábrica ibérica. Por iso, deseñaranse obradoiros para poder traballar as ideas fortes da conservación da orca cun público diverso, entre Andalucía e Euskadi.
Neste sentido, o director do proxecto doutor Alfredo López, investigador asociado da Universidade de Aveiro e responsable da sección de Educación Ambiental do CEMMA, visitou as localidades de Tarifa e Alxeciras, reunindo cos membros e colaboradores do GTOA: Ezequiel Cazalla, Eva Nereide, Cristina Martín e Rocío Espada, no mes de agosto. Posteriormente visitou Lluarca e Suances onde mantivo encontros con Luís Laria do Parque da Vida e Manena Fayos, representantes da entidade GRAMPUS de Cantabria e da Universidade de Euskadi para a preparación dos obradoiros do norte.
O obxectivo destas reunións é concretar puntos fixos para a difusión da información xerada polo proxecto, carteis, material divulgativo, guías, etc., e establecer nestes puntos as actividades centrais de difusión que serán os obradoiros dinámicos e participativos con o público.
Durante o primeiro semestre de 2023 deseñaranse os materiais informativos e no segundo semestre comezará a quenda de actividades territoriais.
Comments