top of page
  • Writer's pictureGrupo de trabajo Orcas

O mar de Xinzo de Limia


Máis de 100 alumnos do instituto IES Lagoa de Antela elaboraron 10 estruturas de cartón recreando diferentes animais mariños.


No vestíbulo do colexio un total de 105 alumnos de 1o da ESO realizaron diferentes estruturas recreando tiburóns, raias, tartarugas mariñas, golfiños e unha orca a tamaño natural; colgado de 6 metros de altura. O proxecto estivo coordinado polos profesores Lucia Parente (bioloxía e xeoloxía) e Horacio González (educación plástica, tecnoloxía e dixitalización).


O proceso baseouse nunha serie de obxectivos. Estudaron a morfoloxía dos animais, creándoos a pequena escala en arxila. Coa axuda dunha serie de programas informáticos dixitalizaron as figuras en 3D, editando e modificando as imaxes para calcular as dimensións reais dos distintos animais a crear. Estas dimensións foron transferidas a placas de cartón para reconstruír as figuras por acumulación de planos paralelos. Tras conseguir un total de 854 pezas, uníronas con máis de 3.000 bloques de cartón para unilas entre si. Este proxecto non podería levarse a cabo sen a colaboración de Estuches y Embalajes Ourense, que aportou todas as caixas de cartón para a elaboración das figuras, e o Concello de Xinzo de Limia, que colaborou na colgadura das figuras.


A figura máis grande foi a dunha orca que mide máis de 5 m de lonxitude, que está a coroar o vestíbulo. O pasado 18 de outubro inaugurouse o Mar de Antela, onde compareceron todas as autoridades autonómicas. Entre as diferentes actividades que se realizaron, a CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) impartiu 3 charlas ao alumnado de primeiro curso sobre a bioloxía e a anatomía das orcas, coa axuda dos diferentes materiais elaborados no proxecto FriendSHIP orcas, financiado por a Fundación Santander.



9 views1 comment

1 Comment


Kwbs Jsbs
Kwbs Jsbs
Sep 26

"The Dino Game is such a fun way to pass the time when I'm offline!

"https://dinogame321212.therestaurant.jp/

Like
bottom of page