top of page
  • Writer's pictureGrupo de trabajo Orcas

GTOA leva ás candorcas á conferencia de navegación "The sea", Cork, Irlanda



O 11 de marzo de 2023 tivo lugar no Royal Yacht Club de Cork, Irlanda, a conferencia "The sea", organizada por Irish Sailing, coa colaboración de Union Chandlery, Marine and Yacht Supplies, Cruising Association of Ireland e Kilrush Marina.


Na xornada tratáronse temas como as viaxes, a seguridade no mar, a navegación en alta mar, candorcas... Nesta actividade participou Mónica González, bióloga do CEMMA/GTOA, que falou sobre a bioloxía, o comportamento das candorcas e, sobre todo, as interaccións que se producen dende 2020.


A presentación contou con máis de 100 persoas onde houbo moito interese e participación do público. Houbo unha resposta moi positiva, onde se barallaron posibles solucións a este novo reto. Cómpre sinalar que moitas das suxestións implicaron modificar o noso comportamento e a enxeñaría naval, demostrando que hai respecto e admiración por esta especie.


A divulgación científica e a concienciación social son unha parte fundamental para poder conservar e protexer as especies ameazadas, polo que no proxecto FriendSHIP: orcas traballamos para chegar á maior poboación posible con información científica para tratar de lograr un cambio de actitudes favorable á conservación dos o medio mariño.







1 view0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page