top of page
Writer's pictureGrupo de trabajo Orcas

Manel Craneo en FriendSHIP orcas


















Manel Cráneo. A Coruña, 1973. Artista multimedia cunha ampla formación en diversas disciplinas.


Como autor de cómic e ilustrador, colaborou en numerosas publicacións e volumes colectivos. Traballou para editoriais como Richmond Publishing, Usborne, Santillana, Galaxia, Xerais, Porto Editora, Edelvives ou Everest, e para produtoras como Continental, Portozás Visión ou Mondotropo. Colabora con numerosas axencias de publicidade e foi o director artístico da campaña do 110 aniversario de Estrella Galicia. Publica a sección "Planeta Mincha" no suplemento semanal de afeccións (La Voz de Galicia). Foi presidente da AGPI e vicepresidente da FADIP. É o responsable de DEMO Editorial.


Obras destacadas

· Corona-bios (humor gráfico), Demo Editorial, 2020

· Fate Hërgüss (cómic), Demo Editorial, 2015

· A fraga Milmañas (cómic), Demo Editorial, 2013

· Cousas de mortos (comic), Demo Editorial, 2012

· Os lobos de Moeche (cómic), Demo Editorial, 2009-2015

· Dámsmitt (cómic), Dibbuks, 2006


Premios

· Axuda para a creación dunha banda desexada, Xunta de Galicia, 2010

· Seleccionado na Bienal de Bratislava, 2005

· Premio Certame de Banda Deseñada San Andrés de Rabanedo, León, 2004

· Premio Nacional de Cómic sobre Federico García Lorca, Granada, 1998


Nestes momentos está a traballar nunha nova publicación de "Carmela Orzán detective ambiental" dentro do proxecto Friendship orcas. Acompañados da súa mascota "A gata Cristi", nesta ocasión buscarán os misterios das candorcas.


Manel Craneo na rede:

manelcraneo.blogspot.com

craniomortem.blogspot.com

planetamincha.blogspot.com

www.planetamincha.com


4 views0 comments

Recent Posts

See All

Comments


bottom of page