O día 16 de xuño celebrouse un obradoiro de orcas nas instalacións do Castelo de Santa Cruz, do CEIDA. O obxectivo deste obradoiro foi dar a coñecer a ecobioloxía das orcas ibéricas, as interaccións coas embarcacións e a vangarda dos debates e actividades propostas na liña da súa conservación.
Este obradoiro estivo dirixido a persoas que traballan nas diferentes áreas da navegación e seguridade mariña: salvamento marítimo, garda civil, protección civil, cruz vermella, autoridades portuarias, clubs náuticos, gardacostas de Galicia, mariña...
O obradoiro tivo unha duración de 4 horas, e contou coa participación da doutora Ruth Esteban do GTOA, do doutor Alfredo López do CEMMA e do GTOA, Bernardo Viqueira do Salvamento Marítimo da Coruña, Román Paz do Cruz Roja A Coruña, Eliseo Pacheco da Escola de Náutica. da Coruña, Marina Sequeira do Goberno portugués e Mónica González do CEMMA e GTOA.
A ligazón está dispoñible en https://youtu.be/rxZlt9Ja6cg .
Did you know you can play the Dino Game even when you're online? Just https://dinogame32213123.storeinfo.jp/