top of page
  • Writer's pictureGrupo de trabajo Orcas

Obradoiros candorcas e veleiros


O pasado 20 de maio a CEMMA xunto co CEIDA organizaron no Castelo de Santa Cruz en Oleiros o obradoiro “Candorcas, formación para profesionais da educación”. O obxectivo era dar a coñecer a ecobioloxía das candorcas ibéricas, as interaccións coas embarcacións e os materiais e actividades propostas na liña da súa conservación.


O 16 de xuño terá lugar outro novo obradoiro “Interacción de candorcas e veleiros: navegación e seguridade”, que terá unha duración de 4 horas. Os horarios previstos serán:


10.10 - 10.30 Bioloxía da candorca (Ruth Esteban)

10.30 - 10.50 Candorcas e interaccións con veleiros (Alfredo López)

10.50 - 11.10 Salvamento e seguridade en Galicia I (Bernardo Viqueira)

11.10 - 11.30 Salvamento e seguridade en Galicia II (Román Paz)

11.30 - 11.50 Navegación e interaccións (Eliseo Pacheco)

11.50 - 12.10 Descanso

12.10 - 12.30 Medidas aplicadas polo Goberno español (representante MITECO)

12.30 - 12.50 Medidas aplicadas polo Goberno portugués (Marina Sequeira)

12.50 - 13.10 Proxección de vídeos de interaccións (Mónica González)

13.10 -14.00 Debate xeral e suxestións


O obradoiro será híbrido, sendo presencial con prazas limitadas e online con prazas ilimitadas. Para apuntarse, visite a páxina web www.ceida.org . Obradoiro dentro do proxecto FriendSHIP orcas, financiado pola Fundación Santander.

10 views0 comments

Recent Posts

See All
bottom of page